8BitDo presenta mandos con cable para Xbox e PC
mércores, 9 de marzo do 2022
O popular fabricante 8BitDo vén de presentar o seu mando 8BitDo
Ultimate con cable para Xbox, que é o primeiro mando da compañÃa co estilo
dun mando de Xbox, que estará dispoñible en cor branca ou negra, e que conta
incluso con botóns personalizables mediante software en Xbox, Windows, Android
e iOS.
Estes mandos USB tamén contan con toma para auriculares, e poden ser unha boa
opción para quen guste dos mandos con cable e queira poden conectalos a ordenadores
persoais ou a consolas Xbox One ou Xbox Series X|S. O cable do mando ten unha
lonxitude de 3 metros, o que serÃa dabondo para a meirande parte de escenarios.
Este produto conta con licencia oficial de Xbox, está previsto que saia á venda
o vindeiro 31 de maio, e o prezo que figura en Amazon.com é de 41,78 euros, polo
que parece unha opción máis económica que os mandos sen fÃos para Xbox (que
normalmente custan preto dos 60 euros).
- Os novos mandos de 8BitDo son compatibles coas consolas Xbox