IKEA presenta unha colección de produtos para gamers

martes, 16 de abril do 2024 Marcus Fernández

O catálogo de IKEA vai recibir este ano unha interesante colección de produtos deseñados coa vista posta no público que adoita gozar dos videoxogos. A colección BRÄNNBOLL está formada por 20 produtos versátiles que facilitan que os xogadores poidan crear un espazo confortable no que gozar do lecer electrónico.
Con esta liña de produtos IKEA busca tanto facilitar a configuración de espazos específicos para xogar como a integración do xogo no resto do fogar, adaptándose así aos hábitos actuais dos consumidores, cada vez máis afeitos aos videoxogos.
O catálogo de IKEA xa contaba con cadeiras gaming, mesas para equipos informáticos, solucións para facilitar o agochado do cableado... pero coa colección BRÄNNBOLL introducen asentos nos que poder colocarse en posturas moi diferentes, estacións nas que poder colocar os dispositivos para xogar, unha mesa encartable e incluso solucións de almacenamento, mantas e alfombras que buscan dar un toque persoal ao espazo de xogo.

Algún dos produtos da nova colección teñen un formato discreto no mobiliario do fogar, pero poden transformarse en produtos orientados aos videoxogos

PUBLICIDADE