A Wii estreará canle de vídeo no Xapón

venres, 26 de decembro do 2008 Marcus Fernández

A prensa xaponesa adiantou que Nintendo está a preparar un servizo de vídeo para a Wii que sairía na primavera de 2009 e que pretendería competir coas plataformas de vídeo en liña de Sony e Microsoft para as súas respectivas consolas de videoxogos. O servizo combinaría contidos de pago con vídeos de balde patrocinados mediante anuncios achegados grazas a un acordo entre Nintendo e a axencia publicitaria Dentsu.
Wii no Ma Channel sería o nome que recibiría a canle de vídeo da consola de Nintendo, que buscaría crear «unha experiencia de vídeo onde goces da comunicación, cando te xuntes cos teus amigos e familiares fronte o televisor do teu salón», o que non se cinguiría a un único tipo de contidos nin se dirixirá a un tipo te público en concreto.

PUBLICIDADE