A edición máis virtual do Carballo Interplay arrinca este xoves coa webserie Xan

martes, 17 de novembro do 2020 S. P.

O certame de contidos en liña Carballo Interplay inaugura nas redes sociais, este mércores 18, a súa edición máis envorcada na contorna virtual: a convocatoria do CIP “100% na túa casa”. Faino coa estrea mundial de Xan, unha comedia con toques surrealistas dirixida por Lucía Estévez e con guión de Miguel Canalejo, que tamén a protagoniza. A serie, que gañou o concurso de proxecto da pasada edición do CIP e que conta cunha chea de colaboracións de actores e actrices galegas, estréase este mércores ás 22.00 horas en Youtube, Facebook e Twitch.
As mesmas plataformas acollerán unha hora antes, ás 21.00 horas, o acto de apertura da sétima edición do Carballo Interplay, que contará coa participación dos membros do xurado oficial (Brays Efe, Andrea Gumes, Alfonso Zarauza, Fernanda Tabarés e Guillermo Zapata) e do xurado novo (Laura Méndez, Antía Suárez e Jaime Regueiro) ademais dos representantes dos principais patrocinadores do evento: Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC); Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica en Carballo; Pablo Fontenla, presidente da Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia (CREA); Enrique Lojo, presidente da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG); Ana Domínguez, da coordinadora de festivais de Galicia Proxecta. Conducirá a apertura a directora do Carballo Interplay, Sonia Méndez. As persoas interesadas poden asistir e compartir as súas opinións e comentarios, de xeito gratuíto e dende a súa casa, ás 21.00 horas en Youtube, Facebook e Twitch.
Programa completo do festival
· Mércores 18
21:00. Apertura do VI Carballo Interplay (Só en directo)
22:00. Estrea de Xan, de Lucía Estévez. Serie gañadora do pitching 2019 (Só en directo)
· Xoves 19
11h00. Mulleres nos videoxogos e eSports + Presentación de Nerfeadas, documental sobre o machismo nos videoxogos. Con Minia Monteagudo “Samku” e Marina Amores “Blissy”.
12h30. Playlist: etapas e xeracións do Youtube galego. Con Miguel Silva Conde (Aquel-e).
16h30. En galego, en construción. Pitching de proxectos de webserie.
18h30. Encontro Podgalego. Con Isaac González (Podgalego), Iria Veiga (Sónica Cuántica, Burán), Carlos Pereiro (A gruta de Gizamaluke) e Té con Gotas.
20h00. Sección oficial. Bloque Galicia (só en directo)
22h00. Estrea Amnesia 3.0, de Iria Iglesias, Natalia Porca e Irene Pin. Webserie gañadora do pitching 2019. (Só en directo)
· Venres 20
11h00. Tecnoloxías para a (re)construción de mundos virtuais. Con Carlos Seijo (Maxina) e Toño Cabanelas (Liveforevr). En colaboración con CREA.
12h30. Os festivais en tempos de distancia social e multipantalla. Con Ana Domínguez (S8), Ángel Sánchez (Play Doc), Sonia Méndez (Carballo Interplay). En colaboración con Proxecta.
18h30. Sección oficial. Bloque internacional 1. (Só en directo)
20h00. Sección oficial. Bloque estatal 1. (Só en directo)
21h30. Estirando el chicle. Con Percebes y Grelos e Living Postureo.
23h00. Necroshow. Con Lorena Iglesias.
· Sábado 21
11h00. Tías graciosas: un repaso polas barricadas da comedia feminina. Con Lorena Iglesias, Penny Jay, Victoria Martín (Living Postureo) e Carolina Iglesias (Percebes y grelos).
12h30. Presentación Radio Primavera Sound con Marta Salicrú + Ciberlocutorio, podcast en directo con Anna Pacheco e Andrea Gumes. Convidado: Brays Efe.
17h00. Sección oficial. Bloque internacional 2 (Só en directo)
18h30. Sección oficial. Bloque estatal 2 (Só en directo)
20h00. Encontro con Verto.
22h00. Gala de clausura.

PUBLICIDADE