A última actualización inclúe medidas anti-piratería

mércores, 30 de setembro do 2009 Marcus Fernández

A consola doméstica de Nintendo conta cunha nova actualización do seu firmware (a 4.2) que estaría destinada a arranxar problemas detectados na Wii e mellorar o rendemento da consola, pero que na práctica ten unha consecuencia máis relevante: elimina o Homebrew Channel, elemento no menú da Wii que facilita a carga de aplicacións non oficiais, o que inclúe a copia de xogos.
Aínda que Nintendo non anuncia expresamente este tipo de medidas anti-piratería, parece evidente que a Wii precisa reforzar a súa seguridade para non ser unha vítima das copias ilegais como a Nintendo DS.

PUBLICIDADE