ARCHOS levará Android 4.1 aos televisores cun completo accesorio
xoves, 3 de xaneiro do 2013
O fabricante francés de produtos de electrónica de consumo
ARCHOS atopou un sendeiro que seguir para facerse cun bo anaco do mercado
grazas aos tablets con Android, e agora quere levar a experiencia aos
televisores co seu novo ARCHOS
TV connect, solución que permite controlar o televisor coma se fose un
tablet, gozando de xogos, reproducindo vÃdeos e conversando cos amigos grazas ás
posibilidades de Android 4.1.
- O completo mando incluÃdo facilitará dende a entrada de texto ata a simulación de xestos táctiles
Este produto sairá
á venda en febreiro por 129,99 dólares e está composto por dúas partes: un
receptor que se coloca na parte superior da pantalla do televisor ao que se
conecta por HDMI (e que inclúe cámara de alta definición para videoconferencia,
porto USB, Ethernet, Wi-Fi e lector de tarxetas microSD) e un completo mando a
distancia que inclúe teclado QWERTY, controis propios dun gamepad e sensor de
movemento (de xeito que mover o mando serÃa como desprazar o dedo pola pantalla
dun tablet). Os seus sticks analóxicos permiten tamén simular xestos táctiles
con 2 dedos (como facer zoom).
Este sistema con Android está baseado nun procesador multi-núcleo a 1,5 GHz, 1
Gb de RAM e 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSDHC
de ata 32 Gb, polo que é unha opción bastante potente para facer dun televisor
de alta definición ordinario nun Smart TV, con facilidades para correr
aplicacións e xogos e reproducir contidos multimedia, que incluso incorpora un
LED para alertar cando recibamos unha chamada a través dalgunha aplicación de
mensaxerÃa instantánea e esteamos vendo a televisión.
VÃdeo de presentación do ARCHOS TV connect