ARCHOS pon á venda este mes tablets con procesador de 4 núcleos e Android 4.2
xoves, 3 de outubro do 2013
ARCHOS anuncia hoxe que este mes porá á venda os seus novos
tablets da gama Platinum, que incluirán procesadores de catro núcleos (A9 a
1,6 GHz), pantallas IPS, carcasas de aluminio e Android 4.2, vendéndose os modelos
80b, 101 e 97b a 149, 229,99 e 249,99 euros respectivamente.
O ARCHOS
80b Platinum ofrécese como un dispositivo con pantalla de 8 polgadas cunha
resolución de 1.024 x 768, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno, un
grosor de 9,9 milÃmetros e un peso de 440 gramos, que podemos ver como unha
alternativa ao iPad mini cun prezo moi inferior.
O ARCHOS
101 Platinum é un tablet bastante discreto, cunha pantalla de 10,1 polgadas
cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles, 2 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento
interno, un grosor de 10 milÃmetros e un peso de 636 gramos que busca
satisfacer aos que simplemente buscan unha pantalla de bo tamaño.
Pola contra, o ARCHOS
97b Platinum HD busca competir co iPad de Apple ao presentar unha pantalla
de 9,7 polgadas cunha resolución de 2.048 x 1.536 pÃxeles (equiparable ás
pantallas Retina da compañÃa da mazá). Ten 2 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento
interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 64 Gb, un grosor de 9
milÃmetros e un peso de 640 gramos.
Por norma xeral temos que ARCHOS consegue ofrece alternativas aos tablets
estrela de Apple á metade de prezo, o que é un importante reclamo para os
consumidores que buscan produtos de certa calidade pero non queren realizar
grandes investimentos económicos nos mesmos.