Achegan a través de Kickstarter unha cámara de 360 graos
xoves, 7 de novembro do 2013
Facer
imaxes en 360 graos é normalmente unha tarefa complexa na que hai que disparar
varias fotografÃas ao redor dun único punto para xuntalas nun equipo
informático para combinalas nunha única imaxe que logo pode explorarse dun
xeito semellante a Google Street View, e para facilitar a creación deste tipo
de imaxes inmersivas propoñen agora a Bublcam,
un dispositivo portátil de forma esférica que integra catro cámaras cun grande
angular para poder capturar imaxes de 360 graos dun xeito doado e áxil a un
prezo relativamente asumible.
Para que esta solución vese á luz organizouse unha campaña
de micromecenado a través de Kickstarter que xa acadou os fondos precisos
para garantir o seu éxito, e que neste momento facilita a compra dunha destas
Bublcam por 449 dólares canadenses (341 euros con portes incluÃdos), o que
parece un prezo bastante axustado para unha cámara que tanto pode tomar
fotografÃas de 14 MpÃxeles como gravar vÃdeo a 720p e 30 imaxes por segundo ou
a Full HD a 15 imaxes por segundo, algo imposible de facer cunha cámara
ordinarias. Amais, esta solución integra Wi-Fi (polo que permitirÃa realizar streaming de vÃdeo de 360 graos en tempo
real) e pode gardar as imaxes e vÃdeos capturados en tarxetas de memoria SD ou
en unidades USB.
Este tipo de cámaras non só poderÃan empregarse para emular ao Google Street
View, senón que poderÃan ter grandes utilidades para capturar actividades
deportivas, retratar localizacións nas nosas viaxes, gravar momentos familiares
e incluso para labores de vixilancia, achegando unha experiencia inédita ata o
momento, que dependerá principalmente do proveito que os desenvolvedores saiban
tirar deste produto.
A campaña de captación de fondos deste proxecto iniciado esta mesma semana
rematará o 14 de decembro e pretende comezar a remitir cámaras aos mecenas que
apoiaron o proxecto a partir de maio de 2014.
VÃdeo de presentación da Bublcam