Ahtec prepara o lanzamento dun portátil a 299 euros

luns, 24 de marzo do 2008 Marcus Fernández

A páxina web de Ahtec adianta o que será o novo portátil Tiny Class E7522, que dotado dun procesador Intel Celeron M ULV 353 a 900 MHz, 512 de memoria RAM e 2 Gb de disco NAND Flash, se venderá en breve a 299 euros, co que o fabricante parece querer entrar na competición de portátiles de baixo custo.
O equipo presenta unha aparencia semellante á dun ClassmatePC de Intel, conta cunha pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, conectividade Wi-Fi, unha batería de 6 celas e un peso de só 1,3 quilogramos.
O portátil parece destinado ós cativos, xa que ten unhas prestacións reducidas (mesmo se o comparamos a outros portátiles de baixo custo) pero supón unha interesante opción para os fogares nos que queiran contar cun segundo equipo ou queiran gozar de alta portabilidade a pouco prezo.

PUBLICIDADE