Altia estrea oficinas en Palma de Mallorca

mércores, 10 de marzo do 2021 Redacción

A empresa tecnolóxica Altia vén de estrear novas dependencias en Palma de Mallorca, co obxectivo de reforzas a súa presenza nas Illes Balears e e potenciar, nas súas palabras, “o compromiso de Altia co sector público e co ámbito turístico da zona”.
E engade a empresa de novas tecnoloxías con sede principal en Oleiros (A Coruña): “Coa apertura da delegación en Mallorca, seguimos expandindo o noso negocio e atraendo novo talento, atendendo novos proxectos e aproximándonos a clientes moi relevantes dos ámbitos públicos e turísticos das Baleares”.
A nova oficina, situada en Carrer de Fluvià, atópase nun dos núcleos de negocio máis importantes a cidade, o que proporciona a Altia “un posicionamento estratéxico” para capitalizar o coñecemento e o talento da empresa galega na capital balear.

PUBLICIDADE