Amazon poderÃa lanzar en breve un smartphone con 6 cámaras
venres, 21 de marzo do 2014
- Imaxe retocada na que amosan a aparencia que poderÃa ter un smartphone de Amazon
Tras a incursión de Amazon no mercado dos tablets levamos
moitos meses escoitando que a compañÃa de Jeff Bezos estarÃan a preparar
smartphones de seu, e dende Boy Genius Report aseguran ter información interna
da compañÃa que apuntarÃa a que o
agardado produto poderÃa chegar en entre 3 e 6 meses.
Aseguran que a cadea de subministración estarÃa a piques de iniciar a
acumulación de materiais para o inicio da produción do novo smartphone durante
o segundo trimestre do ano, sendo de agardar que o novo produto siga a mesma
fórmula de comercialización que os lectores de libro electrónico e tablets da
familia Kindle, polo que poderÃan resultar de grande atractivo para os
consumidores (especialmente nos EE.UU.). A predición do número de smartphones
de Amazon fabricados durante o segundo trimestre do ano serÃa de entre 300 e
600 mil unidades, de xeito que poderÃamos rematar o ano con 2-3 millóns de
unidades fabricadas.
Entre os rumores que circulan do produto está o feito de que o novo móbil
poderÃa contar cun total de 6 cámaras, pois, aparte das cámaras traseira e
dianteira, empregarÃa catro cámaras adicionais para o recoñecemento de xestos,
de xeito que poderÃa manexarse o móbil sen chegar a tocar a súa pantalla
táctil.
No resto de especificacións teriamos un smartphone bastante estándar, cun
procesador Qualcomm Snapdragon 801, pantalla de 4,7 polgadas cunha densidade de
entre 300 e 320 puntos por polgada, cámara de 13 MpÃxeles subministrada por Sony,
cámaras secundarias subministradas por Primax, carcasa de plástico e baterÃa de
entre 2.000 e 2.400 mAh.