Amazon renova os seus dispositivos Kindle e Fire
xoves, 18 de setembro do 2014
O mercado dos lectores de libros electrónicos está acaparado
por Amazon, pero iso non fai que teñan esta liña de produto conxelada, senón
que segue moi viva, e agora presenta a súa sétima xeración co novo Kindle
Voyage, o eReader máis avanzado do mercado, á vez que fai aÃnda máis accesible
o Kindle básico, que mellora
a súa velocidade, dobra o seu almacenamento interno, conta con interface de
control táctil e contén o seu prezo nos 79 euros (estará dispoñible a partires
do 2 de outubro en España).
Do Kindle Voyage aÃnda non
temos data de chegada ao noso territorio (como acontece habitualmente coa
renovación dos eReaders de Amazon, que inicialmente limitan a súa distribución
a EE.UU. para poder atender a elevada demanda que teñen alÃ), pero é un
dispositivo moi prometedor, que é capaz de superar ao Kindle Paperwhite en
resolución de pantalla (pasando dos 212 aos 300 puntos por polgada) conseguindo
á vez reducir o seu grosor (7,6 milÃmetros) e o seu peso (180 gramos no modelo
Wi-Fi). Entre as novidades do lector destaca a función PagePress (que permite
pasar de páxina sen levantar o dedo) e a nova iluminación frontal adaptativa
(que achega o brillo ideal segundo sexa de dÃa ou de noite). Este novo eReader
sairá á venda nos EE.UU. o 21 de outubro a un prezo de 199 dólares.
Outro produto do que aÃnda non temos data en España é o novo Kindle Fire HD Kids Edition,
que é unah versión dos Kindle Fire HD de 6 e 7 polgadas que inclúe unha funda
protectora (en cor azul, verde ou rosa) e que non sacrifica potencia (funciona
cun procesador de catro núcleos), integra un avanzado sistema de control
paterno e para achegar moitos contidos sen custo adicional inclúe unha
subscrición de un ano a Amazon FreeTime Unlimited (para que os cativos poidan
gozar dun catálogo de 5.000 libros, pelÃculas, programas de televisión,
aplicacións educativas e xogos sen custo adicional. Chegará aos EE.UU. o 21 de
outubro a un prezo de 149 dólares no modelo de 6 polgadas e de 189 dólares con
pantalla de 7 polgadas.
Do que si poderemos gozar en España a partires do 16 de outubro é do novo
tablet Fire HD 6, que presume
da súa boa relación calidade-prezo, xa que con pantalla de 6 polgadas e 8 Gb de
almacenamento interno custa só 99 euros (con 16 Gb custarÃa 119 euros), aÃnda
que os que prefiran unha pantalla máis grande tamén terán o tablet Fire HD 7, que custará
139 e 169 euros en capacidades de 8 e 16 Gb respectivamente, estando dispoñible
a partires do 2 de outubro.
Estes novos tablets teñen procesadores de catro núcleos a 1,5 GHz e unha boa
autonomÃa, sendo o seu punto máis feble a súa resolución de 1.280 x 800
pÃxeles, elemento que muda considerablemente no seu irmán maior, o novo tablet Fire HDX 8.9, que chegará o 4 de
novembro a España con capacidades de 16, 32 e 64 Gb a prezos de 379, 429 e 479
euros. Estes tablets de grande potencia elevan a velocidade dos seus
procesadores aos 2,5 GHz, poden funcionar cun uso mixto até 11 horas e a súa
pantalla ten unha resolución de 2.560 x 1.600 pÃxeles, de xeito que incluso
mellorarÃan ao Kindle Voyage en densidade de puntos en pantalla, facendo que a
lectura de texto tamén sexa moi agradable.
En todos estes casos estamos ante dispositivos que están orientados
principalmente a consumir contidos adquiridos dixitalmente en Amazon, o que no
caso dos eReders básicos resulta moi atinado, pero nos tablets leva a que esteamos
algo limitados, xa que funcionan cunha versión de Android (Fire OS 4) que non
conta coa riqueza de servizos e aplicacións que subministra Google.