Anker prepara un flash para o iPhone 11
venres, 27 de decembro do 2019
Apple engadiu hai pouco no seu programa de licenzas Made-for-iPhone
(MFi) as especificacións para accesorios de iluminacións fotográfica conectados
a través do porto Lightning do móbil, e xa se filtrou cal será un dos primeiros
produtos desta categorÃa: o
iPhone LED Flash de Anker.
Estamos ante un flash para o iPhone 11 ou 11 Pro que emprega o conector
Lightning para sincronizarse coa cámara traseira do iPhone e que funcionará
tanto coa aplicación de cámara nativa como nas de terceiros. Este pequeno flash
promete dobrar o rango de iluminación e cuadriplicar o brillo do flash
integrado no teléfono, e incluso pode redirixirse lixeiramente para empregalo
como luz de recheo, sendo posible tamén colocarlle un difusor de plástico.
O fabricante promete unha autonomÃa de até 10.000 disparos de flash por carga,
o prezo de venda será de 49,99 dólares e, aÃnda que inicialmente filtrouse que
sairÃa á venda hoxe mesmo, non será até xaneiro cando chegará ás tendas como un
novo tipo de produto, que de seguro que non será o único en saÃr á venda nos
vindeiros meses.