Anuncian o Wii MotionPlus para o 12 de xuño

martes, 14 de abril do 2009 Marcus Fernández

Tras moitos meses dando voltas ao asunto, Nintendo anunciou o lanzamento do accesorio Wii MotionPlus, que permite ditar ao mando da Wii dunha precisión moi superior na detección do movemento, e que finalmente chegará a Europa o vindeiro 12 de xuño, 4 días despois que nos EE.UU., e sen vir acompañado por xogos que aproveiten o dispositivo, de xeito que non haberá que agardar á chegada de Wii Sports Resort o 24 de xullo para poder tirar proveito deste accesorio, pois outros xogos coma Virtua Tennis 2009 (que sairá en maio), Tiger Woods PGA Tour 10 e Grand Slam Tennis (que posiblemente sairán durante o verán) tamén soportarán o Wii MotionPlus, aínda que non se descarta que algún destes títulos poida chegar a venderse de xeito conxunto co accesorio.
O prezo europeo aínda non está confirmado, pero nos EE.UU. sairá a 19,99 dólares, aínda que tamén estará dispoñible co Wii Sports Resort por 49,99 dólares.

PUBLICIDADE