Aparecen imaxes dunha posible Nintendo 3DS roubada

luns, 3 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

O iPhone 4 non é o único dispositivo do que aparecen unidades antes da súa comercialización, aparecendo na web fotografías do que aparentemente sería unha consola Nintendo 3DS extraída dunha fábrica chinesa, o que podería arruinar as futuras presentacións da compañía nipona se non fose polo feito de que unidade en cuestión non é operativa, pois carece do seu sistema de menús e de contidos que poder reproducir na mesma.
O que si podemos saber da consola subtraída é que conta con 96 Mbytes de RAM, unha batería de 1.300 mAh e un deseño dos botóns select, home e start que non sobresaen coma nos prototipos que puidemos ver ata a data.
De todos os xeitos, en poucos días teremos información oficial de Nintendo sobre o que parece que vai ser o produto estrela de 2011.

PUBLICIDADE