As últimas cámaras de Nikon poderán verse en primicia na Coruña

xoves, 15 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro 22 de marzo en quendas de mañá (de 11:00 a 13:00 horas) e tarde (de 16:30 a 18:30 horas) terá lugar no Palacio de Exposicións e Congresos de A Coruña (PALEXCO) a presentación das novas cámaras DSLR de Nikon, a Nikon D4 e a Nikon D800, nun evento organizado por Foto Artús e que contará coa presenza de Javier Garcés, experto en produto profesional de Nikon.
A Nikon D4, cunha resolución de 16,2 Mpíxeles, é a nova referencia para a fotografía en acción. Esta nova cámara poderá probarse, estando tamén dispoñible o seu obxectivo AF-S Nikkor 85mmm f1.8 G e o minúsculo transmisor sen fíos WiFi WT-5.
A Nikon D800 destaca pola súa banda por contar cunha resolución de 36,3 Mpíxeles, contando tamén cunhas excelentes prestacións .
As prazas deste evento son limitadas, polo que será preciso inscribirse por correo electrónico indicando a quenda á que se desexa asistir.

PUBLICIDADE