Ben Heck fai portátil unha Xbox 360

mércores, 3 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O popular modder Benjamin J. Heckendorn (Ben Heck), non conforme co seu excelente traballo ao converter unha PlayStation 3 nunha consola portátil, se armou de paciencia e perseveranza para facer o propio coa Xbox 360 de Microsoft e conseguiu transformar externamente a consola de xeito que se lle pode sacar de xeito doado o disco duro, mantén accesible as fendas para tarxetas de memoria, integroulle un módulo Wi-Fi e lle incorporou unha pantalla que lle dá unha aparencia máis semellante á dun ordenador portátil que a dunha videoconsola (agás pola carencia de teclado, que non é preciso por existir os chatpads).
Quitando o feito de que este tipo de produtos non teñen unha auténtica saída comercial, hai que recoñecer que a labor de transformación que se fai posible coas consolas domésticas dá moitas ideas do que poden ser este tipo de produtos no futuro, e o concepto dunha consola portátil de grande tamaño podería chegar a calar.


Vídeo de presentación da Xbox 360 portátil

PUBLICIDADE