Chega ao mercado o primeiro casco autónomo compatible con Daydream
venres, 4 de maio do 2018
Na mesma semana na que Facebook pon á
venda as Oculus Go a un prezo que parte dos 219 euros anúnciase finalmente
o lanzamento
da solución de realidade virtual autónoma de Lenovo con tecnoloxÃa de Google
(Daydream), as Lenovo Mirage Solo, que poden
mercarse nos EE.UU. por 399,99 dólares, o que é un prezo claramente
superior, pero iso é debido a que esta solución non se limita a ofrecer experiencias
en 360 graos para usuarios sentados, senón que integran tecnoloxÃa de detección
de movemento para permitir que o usuario poda estar de pé e moverse como
acontece coas solucións de realidade virtual propias de ordenadores persoais.
Dende Google aseguran que actualmente hai máis de 350 xogos, aplicacións e
experiencias con tecnoloxÃa Daydream, ou sexa, que poderán tirar proveito deste
novo casco de realidade virtual, estando previstas moitas máis para os vindeiros
meses. Para tirar proveito da liberdade de movemento (WordSense) haberÃa
actualmente máis de 70 tÃtulos, que son os que realmente sorprenderán aos
usuarios, por permitir somerxerse nun mundo virtual dun xeito moi inmersivo. AÃnda
que esta solución de realidade virtual non pode conseguir a potencia de, por
exemplo, os cascos HTC Vive (apoiados en ordenadores de alta gama) si teñen unha
grande vantaxe fronte aos mesmos: carecen de cables. Temos asà unha solución de
realidade virtual con liberdade de movemento que tanto é asumible como
confortable, o que semella ser unha combinación gañadora.
Este lanzamento vén acompañado por outro produto moi interesante, a Lenovo
Mirage Camera, que pode
mercarse por 299,99 dólares, e que vén a ser unha cámara compacta con dous
obxectivos de ollo de peixe que permiten captar contidos en formato VR180, ou
sexa, en 180 graos con visión estereoscópica (o que vulgarmente chamamos 3D),
podendo incluso conectarse á Rede por Wi-Fi para poder transmitir en directo a
través de YouTube o que teña diante de xeito moi realista.
A combinación de ambos produtos pode resultar interesante, xa que coa cámara
podemos capturar momentos dun xeito inmersivo que logo poderemos revivir co
casco de realidade virtual.