Chegan os primeiros ultraportátiles con pantallas de Pixel Qi
luns, 31 de xaneiro do 2011
Cando comeza a
distribución do agardado Adam de Notion Ink confÃrmase que as revolucionarias
pantallas de Pixel Qi que combinan as vantaxes da tinta electrónica coas
pantallas TFT ordinarias tamén están dispoñibles nun ordenador ultraportátil, o
Sunbook de Clover, que cun procesador Intel Atom N450, pantalla de 10
polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, 1 Gb de RAM, 250 Gb de
almacenamento, opción 3G/4G, unha autonomÃa de entre 8 e 12 horas e o sistema
operativo Windows 7 Starter saÃu á venda a pasada fin de semana por 795 dólares
(579,55 euros), ou sexa, un prezo esaxeradamente superior ao que terÃa o mesmo
equipo cunha pantalla ordinaria (custarÃa menos de 300 euros).
Deixando a un lado o seu prezo, o SunBook
é un equipo bastante atractivo, pois é altamente portátil, pode empregarse coma
lector de libros electrónicos de alta resolución ou coma dispositivo con
pantalla de cor, ten unha boa autonomÃa
e a súa pantalla pode verse baixo a luz do sol, ou sexa, que terÃa unha
pantalla de maior tamaño que un Kindle á vez que serÃa máis versátil que un
iPad.