DJI presenta os novos drons Mavic 2
venres, 24 de agosto do 2018
A serie
de drons con cámara de reducidas dimensións de DJI renóvase co Mavic 2, un modelo que chegan en dúas
variantes en función da súa cámara e destacan por incorporar numerosas
tecnoloxÃas que conseguen a excelencia na fotografÃa aérea conseguindo combinar
calidade, seguridade e facilidade de uso.
O modelo máis económica, cun prezo de 1.249 euros, serÃa o Mavic
2 Zoom, que conta con calidade de imaxe de Hasselblad e un obxectivo con zoom
óptico de 2x (capaz de realizar vÃdeo Full HD con zoom 4x sen perdas) e a
posibilidade de disparar instantáneas cunha superresolución de 48 MpÃxeles (sendo
o seu sensor integrado de 12 MpÃxeles).
Pola súa banda, o Mavic
2 Pro, cun prezo de 1.449 euros, opta por unha cámara Hasselblad de 20
MpÃxeles capaz de gravar vÃdeo con HDR de 10 bits, que consegue unha calidade
de imaxe de luxo, que coida especialmente o detalle das cores.
Ambos drons contan con cámaras con estabilización en tres eixes, pode producir
vÃdeos en hyperlapse con distintas programacións de voo (libre, cÃrculo, rumbo
fixo e traxectoria), disparan fotografÃas con HDR mellorado, incorporan
tecnoloxÃa HyperLight para reducir o ruÃdo dixital en fotografÃas tomadas con
pouca luz, gardan o vÃdeo en formato H.265 (conseguindo asà unha maior calidade
que os habituais vÃdeos en H.264), empregan o sistema de transmisión de vÃdeo
dixital OcuSync 2.0 (capaz de transmitir vÃdeo Full HD até a 8 quilómetros de
distancia e mudar entre as frecuencia de 2,4 e 5,8 GHz de xeito automático),
teñen unha velocidade punta de 72 quilómetros/hora, son máis silenciosos que os
seus predecesores e poden voar até 31 minutos cunha única carga.
Unha das novidades máis interesantes dos Mavic 2 é a incorporación de detección
de obstáculos omnidireccional, ou sexa, que é o primeiro dron de DJI en
integrar sensores de detección de obstáculos en todos os seus lados, o que
supón unha importante mellora da seguridade.
Tampouco omite funcións de modo de disparo intelixente, como a tecnoloxÃa de
seguimento ActiveTrack 2.0 (que incluso prevé por onde vai xurdir o elemento seguido
se desaparece temporalmente do campo de visión), QuickShots ou Panoramas (con 4
modos de panorámica: esfera, 180 graos, horizontal e vertical).
E para facer máis doada a fotografÃa aérea, conta con modos como POI 2.0 (que
facilita a gravación de obxectos rodeándoos se é preciso), Waypoint 2.0 (que
permite planificar traxectorias de voo), Dolly Zoom (que permite replicar un
efecto de zoom en movemento moi cinematográfico no que o obxecto central permanece
estático mentres notamos como se achega o fondo, creando certa vertixe), Asteroid
(que se achega a un obxectivo dende unha grande altura) e Boomerang (que rota
ao redor do elemento a filmar afastándose e volvéndose a achegar, imitando a
traxectoria dun búmerang).
VÃdeo de presentación dos drons DJI Mavic 2