Dell presenta unha tableta con Windows apta para condicións extremas
martes, 21 de xullo do 2015
Dell anunciou hoxe unha nova tableta reforzada, a Latitude
12 Rugged, que serÃa a primeira
tableta deste fabricante pensada para funcionar realmente baixo condicións moi
duras e fornecendo asà o catálogo de produtos reforzados de Dell
(orientados a un público que traballa en exteriores, zonas de guerra ou en
condicións con temperaturas extremas).
A tableta
Dell Latitude 12 Rugged conta cunha pantalla de 11,6 polgadas de alta
definición (1.366 x 768 pÃxeles) que pode verse baixo a luz do sol e pode
controlarse cos dedos incluso levando luvas; integra a quinta xeración de
procesadores Intel Core M; a súa baterÃa permite autonomÃas de até 12 horas;
pode configurarse con capacidades de almacenamento de até 512 GB (SSD);
incorpora tecnoloxÃas se seguridade e protección de datos (como Intel vPro e
Intel TPM 1.2); para facilitar o seu uso en mobilidade está integrada nun marco
que pode conectarse a unha base de escritorio, a unha base para o vehÃculo ou a
un teclado, estando tamén dispoñible como opción unha funda-teclado de tamaño
completo que presume de retroiluminación e proteción IP65 para auga e po.
Esta completa tableta resistente que funciona con Windows 8.1 sairá á venda nos
EE.UU. este mesmo mes a un prezo de 3.649 dólares (3.335,47 euros) nunha
configuración cun procesador Intel Core i3, 4 GB de RAM e 128 GB de SSD.
- A nova tableta de Dell é apta para funcionar en contornos realmente duros
VÃdeo de presentación da tableta reforzada de Dell