EasyNet Space proponse coma un posto de acceso á Rede en lugares públicos
martes, 12 de maio do 2009
A empresa xermana
Merkur Gaming deseñou unha solución
para dar de certa comodidade e intimidade aos usuarios que accedan á Rede dende
locais públicos; trátase de EasyNet
Space, unha estación de acceso á Internet que poderiamos considerar
coma unha mestura entre un cubÃculo e unha cápsula, que conta cunha estrutura esférica
que protexe unha pantalla TFT de 19 polgadas de miradas indiscretas. Tamén
conta cun teclado retroiluminado e un rato óptico. O equipo informático
instalado dentro contarÃa con conexións Ethernet e Wi-Fi e cámara web.
ComercializarÃase en 3 cores (vermello, prateado e negro) e mide 140 x 173 x 140
centÃmetros, sendo unha solución bastante axeitada para a súa instalación en
hoteis, centros comerciais, feiras ou museos.
- O EasyNet Space é ideal para a súa colocación en hoteis ou outros locais públicos