El Intrépido Batman fará uso da conectividade entre Wii e DS
martes, 17 de agosto do 2010
A Nintendo DS e a
Wii recibirán o vindeiro 10 de setembro un videoxogo baseado na
serie de televisión El Intrépido Batman,
emitida en España a través de Clan TVE, e que vai sorprender agradablemente
polo feito de que as súas distintas versións serán compatibles entre si, de
xeito que aproveitan a conectividade sen fÃos de ambas consolas para
comunicalas, permitindo que mentres un par de persoas manexen na Wii a
personaxes coma Batman, Robin, Green Lantern ou Hawkman, poida unirse para
axudar un terceiro
xogador dende unha Nintendo DS encarnando a Batmiúdo, a quen coñecerán
especialmente os que seguiran a serie de animación que
emitida nos primeiros anos da TVG (concretamente en 1986).
Resulta curioso que sexa este tÃtulo o que sorprenda con tal funcionalidade tan
pouco habitual (o
Zelda: Four Sword permitÃa algo
semellante ao conectar a GameCube coa GameBoy Advance) e serÃa desexable
que outras compañÃas tomasen exemplo, pois as posibilidades de xogo que se abren
coa interconexión de consolas resultan moi interesantes (especialmente porque
fomentan tanto o xogo en grupo como a adquisición do mesmo tÃtulo para distintas
plataformas).
- Batmiúdo fÃxose popular en Galicia a través dunha serie de televisión emitida pola TVG en 1986
- Na serie de animación de El Intrépido Batman facÃa acto de presenza o simpático Batmiúdo, cunha estética máis propia da súa versión para cómic que da súa anterior encarnación televisiva