empresas
A galega Balidea é a única firma non danesa do novo acordo marco de proxectos de Copenhague
A firma galega Balidea, con sede principal en Santiago e centrada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas avanzadas, vén de converterse na única empresa non danesa homologada no acordo marco para consultoría e execución de proxectos da cidade de Copenhague. Esta homologación, que ten unha validez de catro anos, conseguiuna xunto ao seu socio local Kruso. (...)
Ler máisVitae recunca en setembro co seu curso de xestión de proxectos áxiles con Scrum
Vitae Consultores prosegue á volta do verán coa súa completa oferta formativa acerca de tecnoloxías para (precisamente) profesionais das tecnoloxías. Nesta liña e na de fornecelos de recursos para anticiparse ás necesidades de clientes e usuarios, insírese a 19 edición do seu Curso Dirección e Xestión de Proxectos TIC Áxiles con Scrum, Scrumban e Lean Software (...)
Ler máisA empresa tecnolóxica Coaxial, premiada pola patronal boirense
A ABE (Asociación Boirense de Empresarios) deu a coñecer palmarés dos seus premios anuais, que recoñecen as mellores prácticas empresariais desenvolvidas no concello ao tempo que poñen o foco naquelas iniciativas de mercado que máis e mellor beneficios achegaron a Boiro e a súa contorna. Foron dar á Cetárea Ángel Mar (innovadora empresa familiar adicada á venda (...)
Ler máisA viguesa Galvintec loce novas solucións de ecommerce e eSports no MWC
Dende hoxe, e até o 29 de febreiro, Barcelona acolle a Mobile World Congress (MWC24), a feira mundial máis relevante no sector da comunicación móbil, o sector dixital e a conectividade. Alí estará Galvintec, a compañía TIC con sede en Vigo que forma parte do Grupo Alvariño, seleccionada por Red.es para estar presente no Pavillón de España do MWC 24. Galvintec (...)
Ler máisAppentra pecha unha rolda de 1.8 millóns para o seu revolucionario software Parallelware Analyzer
A empresa galega Appentra, con sede no edificio do CITIC da Coruña, vén de pechar unha rolda de financiamento de 1,8 millón de euros, co-dirixida por Armilar Venture Partners e K Fund para o seu software Parallelware Analyzer. Na rolda tamén participaron Caixa Capital Risc, Xesgalicia e (...)
Ler máisVitae iniciará 2023 cunha nova edición do seu histórico curso sobre xestión de proxectos con Scrum
Os procesos de transformación tecnolóxica xa non son cousa dunhas poucas empresas e duns escasos sectores: afectan a todos os ámbitos produtivos e profesionais que demandan máis funcións, máis fiabilidade, máis efectividade e máis operatividade. En consecuencia, aumentou o nivel de esixencia do mercado, o que obriga ás empresas tecnolóxicas a seguir avanzando (...)
Ler máisJon Torrado é o novo co-conselleiro delegado de GamersWalk
GamersWalk, a innovadora plataforma de eSports nacida en Galicia, continúa en plena expansión e o seu consello de administración vén de nomear a Jon Torrado como novo co-conselleiro delegado da empresa. O até hoxe CTO da compañía manterá as súas funcións de carácter técnico, do mesmo xeito que Manuel Alexandre Rivas, o outro co-conselleiro delegado encargado da (...)
Ler máisEuskaltel adquire Telecable e afianza a súa arela de crear o gran grupo de cable do norte de España
O Grupo Euskaltel, do que forma parte a nosa operadora de telecomunicacións R, vén de establecer un acordo con Zegona para a adquisición de Telecable, operador referente en Asturias. A través do pacto entre Euskaltel e Zegona, o primeiro dos grupos fíxose co cen por cen de Telecable, sendo a súa idea, logo da alianza hai un ano e medio con R, dar forma ao que (...)
Ler máisVodafone anuncia que poxará o primeiro SMS e que o recadado irá destinado a ACNUR
Vodafone vén de anunciar que está a poxar o primeiro SMS enviando do mundo. Foi transmitido a través da rede Vodafone o 3 de decembro de 1992 e recibido polo empregado de Vodafone Richard Jarvis nunha festa de Nadal. É unha mensaxe de 15 letras: “Bo nadal". O SMS póxase como un Token No Fungible (NFT) nunha venda única organizada por Aguttes Auction House en (...)
Ler máisQuobis Networks afiánzase en novos mercados co apoio de Galicia Avanza
A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, visitou este 23 de febreiro, no Porriño, a sede da empresa tecnolóxica Quobis Networks, centrada principalmente en servizos de consultoría de redes a operadores de telecomunicacións e grandes empresas, ámbito do que é un referente galego, estatal e europeo. Na súa estadía Argerey comprou os (...)
Ler máis0 | ... | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | 110 | ... | 690