Este mes verá a luz a iniciativa Smart Camiño

mércores, 3 de febreiro do 2016 Redacción

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, durante a inauguración oficial de Xantar 2016, avanzou a presentación neste mes de febreiro do Smart Camiño, unha iniciativa integrada no Smart Turismo e encamiñada a dotar a ruta xacobea coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
Feijoo afirmou que o pasado ano se superou por primeira vez (nun ano non santo) a barreira dos catro millóns de visitantes (4,5 millóns de viaxeiros); “cun 12% máis de visitantes que no período anterior”, e aposta por consolidar a marca Galicia como destino único e marca como meta deste ano a superación os 5 millóns de visitantes.

PUBLICIDADE