Favi presenta novos proxectores de pequeno tamaño
luns, 11 de xaneiro do 2010
- O Favi RIOLED-Q ten un tamaño moi reducido
Favi
Entertainment anuncia novos proxectores de
vÃdeo, que van dende os de uso doméstico ata os de pequeno tamaño. Dentro
destes últimos teriamos o RIOLED-Q, cunha resolución de 800 x 600 pÃxeles,
altofalantes de 3 W, entradas de A/V e VGA, conexións USB e funcionamento tanto
con adaptador de corrente coma con baterÃa, sendo o primeiro picoproxector do
mercado en acadar un brillo de 50 lumens; e o RIOLED-V, que terÃa unhas
caracterÃsticas semellantes, pero incorporarÃa Wi-Fi e reprodución multimedia,
sendo capaz de acceder a contidos en YouTube, Flickr, Picasa, Yahoo News RSS,
Weather.com, correo electrónico, radios por Internet e páxinas web, pois
incorpora un pequeno Linux. Ambos picoproxectores inclúe lector de tarxetas
SD/MMC.
Xa para o fogar terÃan o RIOHD-LED2, que pese a non ser un picoproxector, ten
un tamaño bastante reducido (entrarÃa na gama de miniproxectores ou procector
portátil), un brillo de 400 lumens e a súa lámpada LED ten unha duración de
20.000 horas. Sobre os seus irmáns menores sobresae ao incorporar entrada HDMI.
- O Favi RIOLED-V actúa coma un hÃbrido entre picoproxector e reprodutor multimedia