Fóra de servizo a aplicación móbil e a páxina web de Tuenti

luns, 19 de maio do 2014 Marcus Fernández

A semana pasada o Operador Móbil Virtual (OMV) de Telefónica, Tuenti Móvil, presumía de ser o primeiro OMV de carácter social e de superar os 200.000 clientes, que poden gozar dos seus servizos innovadores como Zerolímites ou a posibilidade de facer chamadas de voz de balde a través da súa aplicación móbil, pero esta celebración está a verse ensombrecida por unha caída na súa páxina web e da súa aplicación móbil durante esta tarde, tal e como recoñecen a través da súa conta de Twitter.
Esta incidencia está a aproveitarse por parte dalgúns usuarios desencantados para criticar a deriva da compañía, que naceu como unha plataforma social que entre a mocidade española chegou a rivalizar con Facebook e Twitter, pero que nos últimos tempos pasou a centrarse na súa actividade como operador de telefonía móbil, de aí que non sorprenda que o seu número de usuarios estea a caer a pasos axigantados. ACTUALIZACIÓN: Tras dúas horas fóra de servizo, volve funcionar con normalidade a páxina web de Tuenti.

Tuenti Móvil superou os 200.000 usuarios a semana pasada

PUBLICIDADE