Forbes estrea unha listaxe de ordenadores super-baratos

luns, 21 de maio do 2007 Marcus Fernández

MicroClient JrSXA revista Forbes lanzou unha nova listaxe moi diferente á dos homes máis ricos do mundo: a dos ordenadores máis baratos. Tradicionalmente os ordenadores manteñen un prezo máis ou menos fixo (aínda que cunha lixeira baixada), incrementado as súas prestacións co paso do tempo, pero a teima de xente coma Nicholas Negroponte por achegar a informática ós países en vías de desenvolvemento fixo que moitas empresas destinasen recursos a crear ordenadores a prezos reducidos, de aí que cheguemos a esta orixinal listaxe.
O ordenador máis barato que atoparon os redactores de Forbes foi o MicroClient JrSX de Norhtec, que con 128 Mb de RAM, un procesador a 300 MHz en un sistema de almacenamento baseado en tarxetas de memoria só custa 85 dólares.
O DecTOP de Data EvolutionPero aínda que o devandito MicroClient sexa un ordenador super-barato, moita xente dubidaría en consideralo un ordenador, pero o terminal non está só, pois equipos coma o XO OLPC (promovido por Negroponte) é un portátil que sairá no mes de outubro a un prezo duns 176 dólares, mentres que para configuracións de sobremesa tamén hai outras alternativas económicas coma o DecTOP, que no tamaño dun ladrillo agocha 128 Mb de RAM e 10 Gb de disco duro, vendéndose a entre 150 e 180 dólares. Incluso os creadores do JrSX teñen tamén unha versión máis potente, o New MicroClient, que ten 256 Mb de RAM e un disco duro de 40 Gb, aínda que o seu prezo xa se achega ós 250 dólares.
Na listaxe tamén aparece o Zonbu (do que xa falamos en Código Cero) que tamén se podería mercar por 250 dólares, pero que destaca por poder adquirirse por 99 dólares máis unha cota mensual de 11,95 dólares.
Everex IMPACT é o equipo máis completo por menos de 300 dólaresFinalmente, e para non rachar a barreira dos 300 dólares, aparecen entre a relación de equipos elixidos por Forbes dous ordenadores en formato de torre que ben se poderían confundir con calquera equipo doméstico cun prezo moi superior, coma o Microtel MCS7001 que custa 219 dólares e conta cun procesador Intel Celeron a 2,2 GHz, 256 Mb de RAM, 40 Gb de disco duro, CD-ROM, teclado e rato (e sistema operativo Linspire Linux 5.1), mentres que o equipo máis potente e caro de tódolos ordenadores super-baratos é o Everex IMPACT, que non só ten un procesador a 1,5 GHz, un disco duro de 80 Gb, unha regravadora de DVD, altofalantes, teclado e rato, senón que se completa cun monitor de 16 polgadas restaurado por só 299,97 dólares (¡que incluso incorpora o sistema operativo Windows XP), de xeito que aínda que en aparencia sexa o equipo máis caro da listaxe, considerando que inclúe os tódolos accesorios habituais dun equipo doméstico (a meirande parte non inclúen rato, teclado nin monitor) poderiamos estimar que é unha das opcións máis interesantes que se poden atopar no mercado norteamericano.

PUBLICIDADE