Fujitsu-Siemens presenta un portátil compatible coa súa tarxeta gráfica externa AMILO GraphicBooster
venres, 5 de decembro do 2008
Raros son os
portátiles capaces de presentar a imaxe en máis dunha pantalla externa, e por
iso Fujitsu-Siemens preparou a AMILO
GraphicBooster, un dispositivo externo que integra unha tarxeta
gráfica ATI Radeon HD 3870 con 512 Mb de memoria integrada que se pode conectar
aos portátil a través dun cable PCI-E externo (só presente nuns poucos equipos)
e que unha vez conectado permite manexar ata 3 monitores externos á vez que opera
coma concentrador de 2 portos USB.
AÃnda non sabemos o prezo deste accesorio, pero xa coñecemos un equipo de
Fujitsu-Siemens que serÃa compatible co mesmo, o AMILO
SA 3650, que funciona cun procesador AMD de dobre núcleo, pantalla
de 13,3 polgadas, tarxeta gráfica ATI Radeon HD 3200 con memoria compartida,
ata 4 Gb de RAM, 250 ou 320 Gb de disco duro, gravadora de DVD, webcam de 1,3
MpÃxeles, Wi-Fi (IEEE 802.11n), DVI-I, eSATA, FireWire, USB 2.0, ExpressCasd,
lector de tarxetas de memoria, Bluetooth 2.1 e, o preciso porto PCI Express 2.0
8x para conectar o AMILO GraphicBooster.