Fusion Garage anuncia que o JooJoo xa está en produción

xoves, 4 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Pese a que aínda hai moitas dúbidas sobre a súa legalidade, o tablet antes coñecido coma CrunchPad, e que finalmente chamarase JooJoo, iniciou a súa fase de produción para poder comezar a distribuírse a finais de mes, de xeito que Fusion Garage segue adiante vendendo este equipo con pantalla de 12,1 polgadas que curiosamente coincidirá en prezo co iPad de Apple (499 dólares) pero que promete achegar unha mellor experiencia de navegación web, pois entre outras cousas, contará con compatibilidade con Flash e poderá acceder ás versións normais de servizos coma Facebook, sen ter que acudir a aplicacións especiais (coma nos terminais de Apple).
Dende Fusion Garage tamén pretenden abrir unha especie de tenda de aplicacións web para o JooJoo, de xeito que os usuarios poidan localizar dende unha aplicación con distintas categorías as ferramentas que hai na Internet que poidan satisfacer as súas necesidades.

PUBLICIDADE