GoPro prepara unha cámara envolvente 5,2K
venres, 21 de abril do 2017
Cando queremos gozar de vÃdeo envolvente a resolución é un
reto moi serio, xa que ao permitir que o usuario centre a vista nun elemento
moi concreto fai que sexa preciso achegar un alto nivel de detalle para que a
experiencia visual sexa boa (especialmente se empregamos cascos de realidade
virtual) de aà que as cámaras de 360 graos de Samsung e Nikon empreguen vÃdeo
en resolución 4K para que o usuario teña unha experiencia aceptable, pero dende
GoPro non cren que iso sexa dabondo, e teñen previsto lanzar a finais de ano
unha solución de seu chamada Fusion, que
está a iniciar o seu programa de probas (coa vista posta claramente no
verán), e que promete vÃdeo a 30 cadros por segundo cunha resolución 5,2K, o
que supón un salto bastante importante.
A futura solución de GoPro non só quere ser unha ferramenta para crear vÃdeo
envolvente, senón que tamén quere aproveitar a súa elevada resolución para que
os usuarios poidan aproveitar unha gravación para poder enmarcala en post-produción, ou sexa, que poida conseguirse un
vÃdeo en alta definición escollendo o encadre da cámara a posteriori, o que
ofrece unha grande flexibilidade e, no caso de secuencias de acción, facilita
que non se perdan os momentos máis importantes pola falta de anticipación do
operador de cámara. Ou sexa, que o uso de cámaras de 360 graos pode supor tamén
unha revolución para o vÃdeo tradicional e tamén para a fotografÃa.
Para conseguir as imaxes envolventes GoPro integrou nun único
dispositivo 6 cámaras GoPro, sen dar detalles sobre a forma na que conseguen
tal, de xeito que polo momento temos que conformarnos co vÃdeo de demostración
das posibilidades desta tecnoloxÃa que espera chegar ao mercado de xeito
limitado a finais de ano.
VÃdeo de adianto das posibilidades da futura GoPro Fusion