Google abre unha tenda de descargas musicais

xoves, 23 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Google estrea unha tenda de música na Rede baixo a marca Gbox e que conta polo momento co catálogo musical da Universal, podéndose descargar música en distintos formatos sen DRM, de xeito que supón unha seria ameaza para iTunes xa que a tenda de Apple protexe contra a copia os seus contidos a igualdade de prezo (99 centavos de dólar) ofrecendo só descargas sen protección a un prezo superior (1,29 dólares).
A nova tenda musical destaca por incorporar unha ferramenta doada de usar que permite incorporar ás nosas webs e blogs unha listaxe de cancións que nos gustaría mercar (instando a amigos a agasallarnos coas mesmas).

PUBLICIDADE