HP comeza a vender portátiles con USB 3.0
mércores, 13 de xaneiro do 2010
- O HP Envy 15 é o primeiro equipo portátil de HP en incorporar USB 3.0
O ordenador portátil HP Envy
15 xa pode mercarse a través da tenda en liña norteamericana HP Direct
incorporando a nova tarxeta gráfica ATI Mobility Radeon HD 5830 (compatible con
DirectX 11) e incluso con
portos USB 3.0 no caso de configurar o equipo para que inclúa un procesador de
catro núcleos Intel Core i7.
HP tamén integrará portos USB 3.0 nos modelos EliteBook 8540p e 8540w nun par
de semana, de xeito que os usuarios de equipos de uso empresarial de alta gama
tamén poderán facer uso da nova tecnoloxÃa de comunicación que multiplica por
dez a velocidade de transferencia do USB 2.0.