Huawei presenta un novo smartphone encartable
venres, 29 de abril do 2022
Pese a que os móbiles de Huawei en Europa perderon toda a
relevancia ao carecer dos servizos de Google, en China continúan a ter certo
peso, de aà que a compañÃa se animase a sacar un novo móbil con pantalla
encartable, o Huawei
Mate XS 2, que presume dun novo sistema de refrixeración e dun deseño máis
refinado, aÃnda que adoece dunha importante eiva: por culpa das sancións
impostas polos EE.UU. o seu procesador é un Qualcomm Snapdragon 888 4G, ou
sexa, que carece de conectividade 5G, algo inaceptable para un móbil de alta
gama.
Se obviamos a ausencia de 5G e que funciona con HarmonyOS, estamos ante un
dispositivo moi completo, que presenta encartado unha pantalla de 6,5 polgadas
que, ao abrirse ten 7,8 polgadas cunha resolución de 2.840 x 2.200 pÃxeles e unha
velocidade de refresco de 120 Hz e con paneis OLED, polo que o produto
conquista ao usuario por estas pantallas.
O Huawei Mate XS 2 está equipado con 8/12 GB de RAM, 256/512 GB de almacenamento
interno, cámara frontal de 10, 1 MpÃxeles, cámara traseira tripla (cun sensor principal
de 50 MpÃxeles, un ultra grande angular de 13 MpÃxeles e un teleobxectivo 3x de
8 MpÃxeles), baterÃa de 4.600/4.880 mAh con carga rápida de 66 watts, Bluetooth
5.2, Wi-Fi tribanda e uns prezos que parten dos 9.999 iuans (1.435 euros) para
o modelo de 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento e chegna até os 12.999 iuans
(1.865 euros) para o modelo con 12 GB de RAM e 512 GB de almacenamento interno.
Polo momento descoñécese cando chegará oficialmente a Europa.