Increméntase considerablemente a venda de tarxetas para a TDT de pago
martes, 27 de outubro do 2009
Segundo un informe publicado pola
compañía GfK Retail and Technology, a cuarta empresa de investigación de
mercados no mundo que centra a súa actividade principalmente na área da tecnoloxía,
a venda de tarxetas para a TDT de pago acadou durante a última semana de
setembro, “o máximo semanal de vendas
dende o seu lanzamento a finais do mes de agosto”.
GfK Retail and Technology audita
semanalmente as vendas de tarxetas (Gol Televisión e Premium), de adaptadores
CAM, de Receptores dixitais para a TDT de pago e de televisións planas
compatibles coa TDT de pago, e dende a última semana de agosto (coincidindo co
comezo da Liga de Fútbol en España e co nacemento de Gol Televisión), a
compañía detectou o máximo de vendas semanais durante a última semana de
setembro.
Asemade, a auditora tamén destaca a
evolución das vendas de receptores dixitais compatibles coa TDT de pago durante
o mes de outubro, sendo a semana do 12 ao 18 de outubro, “a súa mellor semana dende o momento no que estes dispositivos comezaron
a comercializarse”.
Por comunidades autónomas, son Cataluña,
Madrid e Andalucía as que se reparten os 2/3 da totalidade de vendas de
tarxetas en todo o país, comunidades que casualmente, teñen catro equipos
españois xogando a Champions League.
Por outra banda, Madrid é a comunidade
que máis televisións planas vende e Cataluña é a que leva a palma na venda de
televisións con ranura PCMCIA.