Interesante deseño de discos duros externos para portátiles

luns, 6 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Trala aparición do sistema Clip-and-Go para transportar o rato pegado ao ordenador portátil, dende Yanko Design presentan un concepto de carcasa para discos duros de 2,5 polgadas que se podería empregar para enganchar os discos duros aos portátiles facendo máis cómodo o seu uso (e sen que ocupen espazo no escritorio).
Este deseño parece bastante elegante e práctico, polo que parece máis que probable que nos vindeiros meses algún fabricante de discos duros externos se anime a levar esta idea ao mercado (ou a emule con algunha solución semellante).

PUBLICIDADE