Lenovo presenta un Ultrabook de 14 polgadas de fibra de carbono
martes, 15 de maio do 2012
Aos
fabricantes de ordenadores está a custarlles colocar no mercado os seus
portátiles de deseño delgado coñecidos como Ultrabooks, que buscan competir
directamente co MacBook Air de Apple, por resultarlles complicado
diferenciarse, o que parece que está a conseguir Lenovo co seu X1 Carbon,
que presume de ser o
Ultrabook con pantalla de 14 polgadas máis lixeiro do mundo grazas a que
emprega fibra de carbono no seu deseño (o que deixa claro no seu nome).
Estamos ante un portátil cunha pantalla de 14 polgadas cunha resolución de
1.600 x 900 pÃxeles, un grosor de 18 milÃmetros e un peso de só 1,36
quilogramos que incluso presume dunha autonomÃa de ata 10 horas de duración que
poderÃa cargar o 80% da súa baterÃa en só 30 minutos, e ao que non lle falta a
última xeración de procesadores de Intel, a posibilidade de albergar ata 8 Gb
de RAM, portos USB 3.0 e miniDisplay Port e lector de tarxetas de memoria.
Tamén conta cun curioso teclado retroiluminado resistente ao vertido de lÃquidos
e conectividade 3G, pero polo momento non coñecemos nin a súa data de
lanzamento nin o prezo que vai ter, factores que sen dúbida serán cruciais para
o seu éxito.