Marc Vidal achega as chaves do emprendemento nun relatorio na Coruña

martes, 25 de xuño do 2013 Marcus Fernández

O analista económico e mentor de proxectos tecnolóxicos (como a empresa galega Cilenis), Marc Vidal, visita este mércores a cidade da Coruña para impartir unha conferencia de balde (previa inscrición) titulada No es una época de cambios, es un cambio de época, que desenvolverase a partir das 17:00 horas no Centro Sociocultural da Fundación Novacaixagalicia.
Este encontro organizado pola Concellería de Emprego do Concello da Coruña abordará os factores chave para emprender no contorno económico e social actual baixo a perspectiva de Vidal, quen sostén que os cambios entre os sistemas de produción e transmisión de coñecemento están a mudar o mundo, asegurando que “por primeira vez na historia prodúcese á vez un cambio tanto nos sistemas de produción como nos de transmisións do coñecemento”, dando lugar a conceptos como a economía relacional ou da atención, onde as novas achegas das redes sociais e os escenarios dixitais ofrecen unha canle clara para axustar costes e cristalizar modelos.
Para trasladar todo este fenómeno ao ámbito empresarial e emprendedor Vidal chama a desfacerse de estereotipos sostén que “hai un espazo para un novo xogo e cada un de nós estamos para inventalo e intentalo”.

PUBLICIDADE