Meizu prepara o que poderÃa ser o primeiro smartphone sen fisuras
mércores, 23 de xaneiro do 2019
Nos últimos anos vimos como os teléfonos móbiles avanzaron
nunha tendencia que non contentaba a todos os usuarios, facendo que as pantallas
ocupasen cada vez máis e os portos externos fosen cada vez máis irrelevantes, e
finalmente un terminal chinés vai levar este último punto ao extremo, de xeito
que o Meizu
Zero será o primeiro smartphone sen fisuras, ao prescindir de porto de carga,
toma de auriculares, botóns e mesmo buratos para os altofalantes.
O novo smartphone de Meizu integra un sistema de son en pantalla (mSound 2.0
In-Screen Sound), sensores de presión (para contar con botóns de volume laterais
virtuais), carga sen fÃos (Super mCharge Wireless de 18 watts), resistencia ao
po e á auga (IP68) e incluso prescinde de bandexa para a tarxeta SIM xa que
aposta pola eSIM.
Este arriscado terminal funcionará cun procesador Qualcomm Snapdragon 845, a
súa pantalla AMOLED de 5,99 polgadas integrará lector de pegadas dixitais e o
seu corpo cerámico presenta un deseño integral que xunto coa súama cámara
traseira dual de 12/20 MpÃxeles e a súa cámara frontal de 20 MpÃxeles de seguro
que non vai deixar indiferente a ninguén pola súa innovadora proposta.
VÃdeo de adianto do Meizu Zero