Meta Quest mellora o passthrough e permite usar micrófonos externos

luns, 8 de abril do 2024 Marcus Fernández

O lanzamento das Vision Pro de Apple está a sentar moi ben aos dispositivos da competencia, que perciben a presión para ter que mellorar constantemente para non quedar atrás na carreira de fondo da realidade estendida, e como boa mostra diso temos a actualización do software de sistema das Meta Quest.
Coa actualización de software v64 de Meta Quest temos melloras substanciais na calidade do passthrough, facendo que a realidade a través do visor teña un maior nivel de detalle e unha maior fidelidade, conseguindo así unha maior inmersión; e nas funcións experimentais incorpórase o soporte para micrófonos externos, que poden conectarse a través do porto USB-C do visor, o que agradecerán especialmente os creadores de contido que queiran gozar dun son de calidade nas súas retransmisións (aínda que quen simplemente queira conversar a través de contornos virtuais tamén agradecerán esta nova posibilidade).
Outras novidades integradas é a mellora do uso do visor en posición deitada (que na v63 chegou a Meta Quest 2 e agora chega a Meta Quest 3) e múdase o xeito de comportarse as transmisións en directo, que agora non se deteñen de xeito automático ao quitar o visor.

PUBLICIDADE