Meta baixa o prezo dos seus cascos de realidade virtual
venres, 3 de marzo do 2023
O pasado outono saÃu á venda o
casco de realidade virtual Meta Quest Pro a un prezo de 1.799,99 euros, o
que resultaba bastante sorprendente por afastarse moitÃsimo dos 449,99 euros
aos que se vendÃa o casco Meta Quest 2, de aà que agora non sorprenda que a
compañÃa de Mark Zuckerberg anuncie unha baixada de prezo a partir do 5 de
marzo, cando o dispositivo Meta Quest 2 con 256 GB de capacidade de
almacenamento baixará nos EE.UU. aos 429,99 dólares e o casco Meta
Quest Pro cae até os 999,99 dólares (ou sexa, reduce o seu prezo un 33%).
Esta baixada de prezo chega cando hai informacións que apuntan a que o futuro
casco Meta Quest 3 terá un prezo considerablemente superior ao modelo actual
para poder dar un salto de calidade, prevendo incluso unha versión Lite para
usuarios menos esixentes.
Cómpre salientar que, aÃnda que o anuncio se fixese en dólares, o cambio de
prezo tamén terá lugar en España, aÃnda que non se concretou publicamente o
novo prezo en euros dos cascos de realidade virtual de Meta.
- A caÃda de prezos dos cascos Meta Quest nos seus modelos máis caros é importante