Microsoft podería deixar de fabricar os seus reprodutores multimedia

martes, 15 de marzo do 2011 Marcus Fernández

En 2006 Microsoft comezou a competir directamente o iPod de Apple en Norteamérica co seu respectado reprodutor multimedia Zune, que pese a ser un produto moi sólido, non chegou a comercializarse internacionalmente por ser incapaz de facerse cunha importante conta de mercado. O dispositivo incluso actualizouse ao Zune HD hai un par de anos pero, segundo publica Bloomberg, a produción destes dispositivos vai cesar, centrando o desenvolvemento de Zune no software para móbiles con Windows Phone 7 e consolas Xbox 360.
Polo momento Microsoft rexeita facer comentarios a tal respecto, pero o rumor que apunta á morte do Zune parecen moi solventes, pois o obxectivo de superar ao iPod está moi lonxe de poder acadarse (a compañía de Redmond nin sequera está entre as 5 primeiras na venda de reprodutores multimedia) e tal liña de hardware podería entrar en conflito co acordo con Nokia para a integración de Windows Phone 7.

PUBLICIDADE