Monitor curvo de Alienware para meterse máis nos videoxogos
martes, 8 de xaneiro do 2008
Alienware decidiu abraiar ó seu público obxectivo
(formado principalmente por afeccionados ós videoxogos) cun enorme monitor
curvado formado por varios paneis DLP montados sobre unha única base acadando
unha resolución de 2.880 x 900 pÃxeles, o que da unha sensación submersión
nos videoxogos abraiando ó usuario.
No CES púidose ver un prototipo deste monitor que se comezará a vender na
segunda metade do ano, que non só destaca pola súa forma, senón por acadar unha
impresionante calidade de imaxe grazas á pantalla
DLP iluminada mediante LEDs e cun tempo de resposta de 0,02 milisegundos
(ideal para xogar).