Nace Municipal.TV coma subministrador de contidos para televisións locais

mércores, 24 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Coa chegada da TDT aparecen moitas canles de ámbito local (tanto privadas coma municipais) que precisan facerse con contidos audiovisuais para encher a súa grella da programación, e para atender esta demanda nace Municipal.TV, unha plataforma de contidos que se centrará especialmente en temáticas de índole social da man do galego José María Besteiro, responsable doutras plataformas semellantes coma LocalVisión e Distrivisión.
Municipal.TV pretende achegar unha programación branca, pensada para toda a familia, con debuxos animados para os cativos, documentais, concursos, programas de viaxes, cociña e bricolaxe… unha completa oferta que permitirá ocupar a programación local fóra da produción propia de cada canle, entre a que destacamos programas coma Mucho Viaje, Bric, Animalia, Cooperantes, Un país en la mochila (de José Antonio Labordeta), América Mítica e Metro a Metro (de Javier Capitán).
As emisións desta nova plataforma comezarán o vindeiro día 1 de xaneiro.

PUBLICIDADE