Nokia X2: un móbil barato con cámara de 5 MpÃxeles
xoves, 29 de abril do 2010
Nokia anunciou na
India un novo terminal da liña Xseries, o Nokia X2, que é un móbil con formato
de pastilla, pantalla de 2,2 polgadas, 13 milÃmetros de grosor, 81 gramos de
peso, altofalantes estéreo, teclas para a reprodución musical, recepción de
radio FM, lector de tarxetas microSD de ata 16 Gb, Bluetooth 2.1, conectividade
USB 2.0 e toma para auriculares estándar que aparte dunha orientación
multimedia tamén conta con aplicacións orientadas ás redes sociais e unha máis
que destacable cámara de 5 MpÃxeles capaz de gravar vÃdeo, o que é toda unha
sorpresa para un terminal que venderase
libre a partir de finais de xuño por só 85 euros.
O Nokia X2 tamén ten
unha alta autonomÃa para a reprodución musical (ata 26 horas) e
estará dispoñible en varias cores (negro e vermello ou prata e azul).