Artigos desta sección
O CPEIG analiza en Compostela o fenómeno das redes sociais en Internet
A medida que medra o número de usuarios e usuarias das redes sociais en Internet, son máis os actos e obradoiros que se levan a cabo no noso país co obxectivo de analizar este fenómeno en liña que non deixa a ningún internauta indiferente. Se o outro día anunciamos o inicio do Proxecto Brújula, un espazo escénico que levará información sobre o uso seguro das (...)
Ler máisAdobe e Lexcycle buscan definir un estándar de distribución de libros electrónicos
Adobe e Lexcycle (empresa detrás da aplicación Stanza, que achega a lectura de e-books ao iPhone) anunciaron que están a colaborar co Internet Archive para converter o sistema de catálogo en liña de Stanza nun estándar aberto no que distribuír libros electrónicos (tanto de balde coma comerciais). O novo estándar chamaríase Open Publication Distribution System (...)
Ler máisA SGAE comeza a optar pola vía civil para atallar as descargas de Internet
A polémica ao redor da información publicada nos últimos días sobre o caso InfoPSP deixou en evidencia que a vía penal para a loita contra o P2P e as descargas de material protexido por copyright a través da Internet está a esgotarse, polo que as entidades de xestión de dereitos de autor están a cambiar de rumbo, optando agora pola vía civil, que podería ser (...)
Ler máisAs portabilidades de servizos de telecomunicacións poderán confirmarse por teléfono
A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) aprobou que os usuarios que desexen cambiar de operador de telefonía conservando o seu número poderán realizar os trámites correspondentes só co seu consentimento verbal, aínda que para dotar de garantías á operación será preciso que exista unha terceira parte encargada da verificación do consentimento. Dende 2004 (...)
Ler máisA banda larga en España non baixou de prezo dende 2006
A web ADSLzone denuncia que as tarifas banda larga de acceso á Internet en España non baixaron de prezo dende 2006, sendo o único segmento de telecomunicacións que non modificou as súas tarifas á baixa, pese a que o bucle de abonado xa baixou 2 veces de prezo no mesmo período e 1 vez o prezo que Telefónica cobra aos seus rivais (...)
Ler máisA iTunes alemá incorpora a venda e aluguer de películas
Apple vén de estrear en Alemaña a tenda de películas de iTunes, comezando cun catálogo dunhas 500 películas (entre norteamericanas e xermanas) das que 100 están dispoñibles en alta definición. Podemos atopar pezas de estudos como a Paramount, a Warner, MGM, a Disney, Sony e produtoras independentes; serían exemplos das mesmas Quantum of Solace, El Caballero (...)
Ler máisEspaña sitúase no sexto posto a nivel mundial en envío de correo malicioso
Pode que España non saliente en número de internautas nin de empresas con espazo na Rede, pero no que se refire a tráfico de lixo en liña, o país é tan crack coma calquera. De feito, segundo un dos estudos máis recentes de Symantec sobre quen achega máis correo malicioso á Internet, España está situado nun máis que meritorio (ou non) sexto posto, o que dispón á (...)
Ler máisO Amazon Kindle 2 xa vendeu 300.000 unidades
O Amazon Kindle é o lector de libros electrónicos máis popular do mundo, e co seu primeiro modelo logrou colocar no mercado norteamericano unhas 400.000 unidades, pero o lanzamento do Kindle 2 parece estar a funcionar aínda mellor, e en apenas 2 meses xa venderon 300.000 dispositivos do novo modelo, e incluso estiman que durante o presente ano poderían (...)
Ler máisYouTube senta os alicerces do seu futuro: unha televisión oficial con contidos das grandes compañías
A competencia no panorama actual da Rede participativa está que arde, feito que entre outras cousas obríganos aos internautas a facer máis esforzos por separar o gran da palla (non é ouro todo o que reloce) e ás empresas a desbaratar ese traballo pola nosa parte. E como fan? Pois en liñas xerais renovándose a si mesmas día si e día tamén, anunciándoo con (...)
Ler máisEmpresas catalás de informática, en contra do canon dixital
A causa contra o canon dixital, tan de actualidade por mor da elección dunha ministra de Cultura (Ángeles González-Sinde) que probablemente o endureza aínda máis, xa ten un novo apoio: o da Associació d’’Empreses d’’Informàtica i Tecnologies de la Comunicació (Aseitec), colectivo de informáticos que reclama con esta medida que as empresas do sector fiquen excluídas (...)
Ler máis0 | ... | 36170 | 36180 | 36190 | 36200 | 36210 | 36220 | 36230 | 36240 | 36250 | ... | 42430