Novo equipo de MSI con formato de consola de videoxogos
venres, 27 de xaneiro do 2017
Cada vez son máis os equipos informáticos compactos que
chegan ao mercado con potencia dabondo non só para permitir o goce dos últimos
videoxogos, senón tamén para mover mundos de realidade virtual, e estes dÃas
está comezando a chegar ás tendas españolas por pouco máis de mil euros nas
súas configuracións máis básicas o novo MSI Trident 3,
ordenador integrado nunha carcasa de 4,72 litros de capacidade, que pode
colocarse en horizontal ou vertical, e que poderÃa confundirse cunha consola de
videoxogos doméstica, xa que presenta un volume lixeiramente superior ao da PS4
orixinal (cun volume de 4,45 litros) e moi inferior ao da Xbox One orixinal
(7,2 litros).
Este novo equipo funciona con procesadores Intel Core i5/i7 de sétima xeración,
ten até 32 GB de memoria DDR4, almacenamento baseado nunha unidade SSD en
formato M.2 e un disco duro de 2,5 polgadas, gráfica GeForce GTX 1060 con 3/6
GB de memoria (compatible con cascos de realidade virtual), 1 porto USB-C 3.1, 3
portos USB 3.1 de tamaño completo, 4 portos USB 2.0, 1 saÃda HDMI normal, 1
saÃda HDMI co VR Link (para facilitar a conexión e desconexión de cascos de
realidade virtual), entrada HDMI, tomas de audio, Gigabit Ethernet, Wi-Fi AC,
Bluetooth 4.1 e cun sistema de ventilación (Silent Storm Cooling 2) que promete
unha refrixeración eficiente e pouco ruidosa (emitirÃa 22 dB nun funcionamento
normal e 31 dB a máxima potencia).
Este tipo de equipos son especialmente atractivos para xogadores esixentes que
queiran gozar dun ordenador no seu salón ou que precisen dun equipo sobremesa
transportable (aparte do seu tamaño compacto, que permite o seu transporte
nunha mochila, o seu peso é de só 3,17 quilogramos). Tamén resulta moi axeitado
como equipo para realizar demostracións de sistema de realidade virtual.
- O MSI Trident 3, grazas á súa potente gráfica e ao uso de procesadores de última xeración é capaz de mover mundos de realidade virtual