Novo móbil con Android de Vodafone
martes, 28 de setembro do 2010
De cara ao Nadal, Vodafone
renova a súa oferta de terminais de marca propia, entre os que destacamos o
Vodafone
945 por tratarse dun móbil con Android 2.1 que busca coller o relevo so
Vodafone 845, e que conta cunha pantalla capacitiva de 3,2 polgadas, cámara de
5 MpÃxeles con flash, Wi-Fi, 300 Mbytes de memoria integrada ampliable mediante
tarxetas microSD.
O terminal incluirá os servizos 360 da operadora británica coma Vodafone Music
(con máis de 2 millóns de cancións sen DRM dispoñibles) e unha tenda con
milleiros de aplicacións para ampliar as posibilidades deste terminal que
posiblemente estará dispoñible de balde ao contratarse unha tarifa de datos
para o móbil.