Novo pico proxector de Acer cun tamaño semellante ao dun móbil
mércores, 8 de setembro do 2010
Para facilitar o
seu transporte Acer reduce os seus pico proxectores hasta o tamaño dun smartphone,
de xeito que o Acer
C20 mide só 118 x 60,8 x 18,6 milÃmetros e pesa 166 gramos, o que é
suficiente para proxectar unha pantalla de entre 5 e 66 polgadas a unha distancia
máxima de 3,2 metros grazas a unha lámpada LED de 20 lumens (cunha vida útil de
20.000 horas). A resolución deste pico proxector é de 854 x 480 pÃxeles (en
formato 16:9), aÃnda que soporta entradas de vÃdeo de ata 1.280 x 800 pÃxeles.
O Acer C20 conta cun porto microUSB (para cargar a baterÃa interna ou acceder a
contidos multimedia), outro miniHDMI, vÃdeo por compoñentes e composto e lector
de tarxetas SDHC. A súa baterÃa só permite unha hora de autonomÃa en modo
normal e 2 horas en modo de aforro de enerxÃa.
Estará á venda no último trimestre do ano en 3 cores (branco, azul e rosa) a un
prezo duns 300 euros, resultando de especial interese para profesionais que
precisen facer presentacións (ou impartir formación) en mobilidade.