O Concello de Redondela achega este verán cursos gratuítos de informática para a rapazada

venres, 22 de xullo do 2022 S. P.

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, que xestiona Olga García Ballesteros, desenvolverá durante o mes de agosto, a través das aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos á infancia e mocidade con idades comprendidas entre os 6 e 14 anos.
As e os participantes dividiranse por grupos de idade (de 6 a 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos) ofertando a aula de Redondela un total de 16 prazas por curso e a de Chapela 12 prazas. En ámbolos dous casos as prazas serán asignadas por estrita orde de inscrición que ten aberto o prazo dend eeste 18 de xullo.
Nestes cursos faranse actividades didácticas que desenvolvan a vista, o oído, o razoamento e a asociación de ideas, co sistema operativo Linux e con Internet.
Aula CeMIT Redondela
A accións formativas contarán cun total de 9 horas lectivas, impartiranse os luns e mércores do 1 ao 31 de agosto segundo os seguintes horarios:
Informática nen@s de 6 a 8 anos
Horario: 10.00 h a 11.00 h
Informática nen@s de 9 a 11 anos
Horario: 11.30 h a 12.30 h
Informática nen@s de 12 a 14 anos
Horario: 13.00 h a 14.00 h
Aula CeMIT de Chapela
As clases desenvolveránse os martes e xoves dende o 2 de agosto ao 30 de agosto.
Informática nen@sde 6 a 8 anos
Horario: 10.00 h a 11.00h
Informática nen@s de 9 a 11 anos
Horario: 11.30 h a 12.30 h
Informática nen@s de 12 a 14 anos
Horario: 13.00 h a 14.00 h
As instancias para participar nos cursos pódense recoller na páxina web de Redondela, no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas dependencias dos Servizos Sociais.
Ademais os venres darase o servizo de Aula Aberta, onde calquera cidadán/á poderá achegarse ás aulas (un venres en Redondela, o seguinte en Chapela, e así sucesivamente) para poder facer calquera consulta e aprender a tramitar co concello, trámites na sede electrónica e talleres de informática para adultos (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións). O horario será de 10.00 h a 14.00h.

PUBLICIDADE